O Parador de Baiona é un dos emprazamentos máis agardados da xira. Dende as murallas medievais do seu castelo gozaremos dun dos solpores máis espectaculares do mundo, entre as Illas Cíes e Monteferro.
Máis ca un concerto será toda unha experiencia e unha viaxe no tempo. Déixate envolver por unha das acústicas máis extraordinarias de toda a xira de Lugares Máxicos no Mosteiro Cisterciense de Oseira.
Este verán déixate levar pola maxia da música celta de Carlos Núñez no incomparable entorno do Pazo Baión, onde a historia, o viño e a beleza do corazón do Salnés se funden nunha noite inesquecible.
Vive unha noite máxica coa música de Carlos Núñez no escenario único do Castelo de Salvaterra de Miño — tradición, emoción e beleza á beira do rio que une Galicia e Portugal — .
O Pico Sacro é un dos lugares máis máxicos de Galicia, cuxas lendas están a ser estudadas polos arqueólogos. Lendas de carácter solar, céltico, como a que fala dun cabalo branco que se despraza polo ceo ou a traslación celeste do «Camiño de Santiago», que marcaba a Vía Láctea como camiño ao Mais Alá según a tradición celta. Preparádevos para vivir un concerto único e irrepetible na montaña que compite coas mismísimas torres da catedral de Santiago.
En Marín, onde gravamos o fermoso vídeo da Danza de Espadas nunha das súas praias paradisíacas, disfrutaremos dunha noite moi especial na marabillosa Finca de Briz. O día 31 de xullo espérannos unha aventura profundamente mariñeira.
O concerto de Lugares Máxicos máis agardado da contorna de Vigo. Un paraíso natural ó carón do mar, fronte ás propias Illas Cíes, cun dos mellores solpores do mundo!
No impresionante Claustro Barroco do Mosteiro de San Salvador celebramos un dos concertos máis agardados da xira Lugares Máxicos, no que Celanova, coñecida como “a Viena de Galicia”, se converte en punto de encontro de amigos e amigas de medio mundo.
Pura maxia do Románico leonés. Dende que tivemos a honra de facer o primeiro concerto da “era moderna” no seu interior, este lugar converteuse para nós nunha das citas máis especiais do verán.
Gocemos dun dos recunchos máis especiais do Morrazo. Bueu é coñecido por ser terra de meigas, polas súas praias tranquilas, a súa gastronomía e o seu porto fiel ás artes da pesca tradicional.
Vémonos neste lugar máxico da costa occidental de Cantabria que semella saído dun conto: outeiros verdes, cantís e praias douradas. Será un concerto único e íntimo, en formato trío, interpretando as fermosísimas músicas celtas de Beethoven.
Desde que a descubrimos grazas a unha fermosa melodía de dulzainas, converteuse no noso punto de encontro anual, onde nos xuntamos cos nosos amigos e amigas de toda a zona de Salamanca.
O Mosteiro de Carracedo é un dos lugares máis máxicos e emblemáticos do Bierzo. Celebraremos, durante o solpor, o espírito celta destas terras que, desde a antigüidade, conectan o mellor do interior coa cultura atlántica.
Na fermosa Ribeira Sacra, preto dos canóns do río Sil, atopamos os xardíns do Áurea Palacio de Sober, que conservan restos da súa orixe no século VII. Unha das zonas de Galicia favoritas de artistas, amantes da cultura e exploradores do viño.
Recuperamos a tradición de Lugares Máxicos en Requena (interior de Valencia). O 24 de agosto ás 21:00h celebrarémolo no seu castelo medieval. Agardámosvos neste enclave histórico do Mediterráneo.
Situado no centro do triángulo máxico entre A Coruña, Santiago e Lugo, atopamos esta xoia declarada Patrimonio da Humanidade pola UNESCO. O Mosteiro de Sobrado dos Monxes foi fundado no ano 952 e reconstruído por monxes cistercienses no século XII. Celebraremos o concerto no interior do seu templo, unha das igrexas barrocas máis impresionantes de Galicia, cunha cúpula de máis de 20 metros de altura que lle confire unha acústica especial.